O Concello de Ortigueira organiza un novo curso oficial de monitor de actividades de tempo libre
A formación homologada pola Xunta de Galicia ofrecerá 350 horas de capacitación profesional e impartirase nas aulas do Concello de Ortigueira a partir do mes de novembro.
O Concello de Ortigueira abre o prazo para inscribirse no curso de monitor ou monitora de actividades de tempo libre, unha iniciativa formativa homologada pola Xunta de Galicia e deseñada para capacitar os participantes na organización, dinamización e avaliación de actividades educativas no lecer infantil e xuvenil.
A actividade consta dun total de 350 horas lectivas, divididas entre a fase teórica e a parte práctica. As clases teóricas, que comezarán sendo presenciais, impartiranse nas aulas do Concello de Ortigueira durante as fins de semana comprendidas entre o 6 de novembro de 2026 e o 29 de xaneiro de 2027, en horario de 9:30 a 14:30 e de 16:00 a 21:00 horas. Unha vez rematada esta parte, haberá clases en liña a través de Meet ás 10:30 horas, e que terán unha duración aproximada de entre 45 e 120 minutos, complementándose con formularios e traballos que o alumnado realizará na casa.
A formación conta cun número limitado de prazas, concretamente 14 vacantes que se asignarán por estricta orde de inscrición. O prazo abrirase este martes, 13 de outubro, e pechará o día 26 deste mesmo mes.
Para participar é requisito imprescindible ter cumpridos os 18 anos ao inicio do curso e contar coa titulación mínima de Graduado en Educación Secundaria Obligatoria (ESO) ou equivalente. As persoas interesadas poden formalizar a súa solicitude no Rexistro Xeral do Concello de Ortigueira.
Podes facerte coa túa folla de inscrición premendo aquí.