Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

DATOS DE CONTACTO DA BIBLIOTECA MUNICIPAL

Márquez Cortiñas, s/n.
981 400 101.
Horario de inverno de luns a vernes de 10.00 h a 13.30 h, e de 16.00 h a 20.00 h.
Horario de verán (xullo e agosto) de luns a vernes de 9.00 h a 14.00 h.
Persoa de contacto: María José Vilasánchez Fuciños ortigueira.rbgalicia@eidolocal.es
Web: http://bibliodeortigueira.blogspot.com/
Facebook: http://www.facebook.com/bibliotecamunicipaldeortigueira

A Biblioteca “Juan Fernández Latorre” é unha instalación municipal na que pode disfrutarse dunha sala de lectura para adultos e outra infantil, unha hemeroteca, a sala de autores locais e o Arquivo Histórico municipal.

A biblioteca municipal ofrece os seguintes servizos:

  • Espacios para nenos, mozos e adultos.
  • Consulta en sala de libros, periódicos, revistas, material audiovisual, etc.
  • Préstamo de libros, revistas, CDs de música, CD-ROMs, DVDs. Tamén de libros e revistas electrónicas.
  • Sección de temas locais.
  • Catálogo informatizado, no que a maiores de consultar os fondos da biblioteca, como usuario pode accederse a renovar os préstamos, consultar o historial de lecturas, etc.
  • Acceso a Internet desde os terminais da biblioteca ou a través da Wifi.
  • Reprografía e impresión de documentos.
  • Posibilidade de solicitar a compra de libros.
  • Actividades de promoción da lectura: mostras bibliográficas, contacontos, obradoiros.

O carné único da Rede de Bibliotecas de Galicia permite acceder aos servizos de préstamo de todas as bibliotecas integradas no catálogo colectivo (x amáis de 70).

Para utilizar o servizo de préstamo e acceso a Internet é imprescindible a presentación do carné da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Para obtelo pode facerse presencialmente ou a través da páxina da Rede de bibliotecas de Galicia:

  • Solicitude presencial: deberá cubrir a seguinte instancia e entregala na biblioteca municipal:

VER PDF Solicitude carné biblioteca municipal

  • Solicitude a través da páxina da Rede de bibliotecas de Galicia: Pode acceder a través da seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Obtención de carné da biblioteca

Nos dous casos debe recollerse o carné persoalmente na biblioteca, e solicitarase unha fotocopia do DNI. Se o solicitante é menor de 14 anos a solicitude debe asinala un dos pais ou titores acompañada do seu DNI . A inscrición é gratuíta.

Se desexa consultar o catálogo da biblioteca pode facelo na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZON Catálogo da biblioteca municipal

Se desexa solicitar a compra dalgún libro, revista, DVD o algún outro material de os usuarios poden solicitalo na propia biblioteca, ou facelo mediante o seguinte formulario electrónico:

IR Á LIGAZÓN Desiderata

Non hai eventos

Back to top