Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

‘CON VOZ DE MULLER’ RECUPERA E PON EN VALOR O TRABALLO DAS MULLERES DE ORTIGUEIRA AO LONGO DA HISTORIA

O Concello de Ortigueira dá continuidade ao proxecto ‘Con voz de muller’, unha iniciativa coa que pretende recuperar, dar a coñecer e poñer en valor o importante labor das mulleres no desenvolvemento do municipio ao longo da súa historia. Nesta ocasión as protagonistas serán das parroquias de Couzadoiro e San Adrián.

A concellería de Igualdade, da man do Centro de Información á Muller (CIM) de Ortigueira, desenvolverá un ano máis este programa, a través do que se pretende empoderar ás mulleres con encontros nos que poderán transmitir as súas vivencias. Un exercicio narrativo que permitirá coñecer as súas achegas á vida e historia de Ortigueira. As mulleres de avanzada idade que residan nas parroquias mencionadas poderán apuntarse a esta iniciativa chamando ao 981 40 25 42 antes do 4 de xuño.

Nestes talleres, as mulleres participantes poderán narrar a súa vida desde a súa infancia ata a actualidade, reconociento os feitos que as definen. As reunións tamén permitirán recompilar fotografías, cartas, obxectos e outros elementos que permitan ir ahodando nas súas vidas. Nos encontros falarase dos espazos que estas mulleres ocupaban, as actividades ás que se dedicaban e diversos aspectos das zonas nas que viven e nas que foron axentes de cambio. Todas estas anécdotas e documentos quedarán plasmados en dous libros, que achegarán as historias destas mulleres aos veciños e veciñas de Ortigueira.

“ Escoitar ás mulleres de Ortigueira é escoitar a historia viva do noso municipio”, sinalou a concelleira de Igualdade, María Dolores Lamelas. “En anteriores edicións puidemos descubrir as testemuñas de residentes en Loiba, San Claudio, Espasante ou Santiago de Mera, ás que agora súmanse as de Couzadoiro e San Adrián”, indicou. “Un exercicio de empoderamento e recoñecemento do importante labor que desempeñou ou colectivo feminino non desenvolvemento do noso municipio”, destacou.

Back to top