Case 500 persoas participan nas actividades municipais de dinamización sociocomunitaria
O Concello rexistrou unha moi boa acollida nas actividades municipais de dinamización sociocomunitaria, que contan neste curso con case 500 persoas inscritas.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza.
Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tipo de propostas.
Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.