Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

“CARTOONS”, TEATRO FAMILIAR PARA CELEBRAR O DÍA DO PAI EN ORTIGUEIRA

A programación cultural do mes de marzo organizada polo Concello de Ortigueira continuará o vindeiro venres, día 19 e festividade do Día do Pai, cun espectáculo de teatro para toda a familia. A partir das 18.00, a compañía Producións Excentricas representará no teatro de Beneficencia a comedia “Cartoons”. Víctor Mosqueira e Josito Porto dan vida a dous tipos que o perderon todo e teñen que volver empezar de cero. Con este punto de partida constrúen unha historia na que o que parecería unha traxedia non o é e na que a amizade, a solidariedade, a reciclaxe e mesmo os hábitos hixiénicos son os protagonistas.

As entradas teñen un prezo de 3,5 euros e o aforo é limitado polas circunstancias sanitarias.

Back to top