Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A DELEGACIÓN DO GOBERNO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO ( DGVG) DO MINISTERIO DE IGUALDADE DIFUNDE A CAMPAÑA DE CONCIENCIACIÓN SOCIAL DIRIXIDA Á POBOACIÓN XERAL #LAVIOLENCIAQUENOVES

A Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero ( DGVG) do Ministerio de Igualdade difunde a campaña de concienciación social dirixida á poboación xeral # LaViolenciaQueNoVes

O obxectivo principal da presente campaña é dar cumprimento ao Convenio de Estambul e ao Pacto de estado contra a Violencia de Xénero, concienciando á cidadanía para identificar violencias contra as mulleres que poden normalizarse e pasar desapercibidas.

Para iso móstranse catro situacións cotiás ás que se aplica un ” zoom” para descubrir acoso sexual no ámbito laboral, no transporte público, violencia dixital, económica e psicolóxica que van máis aló da violencia física entre parellas, mostrando que a violencia contra as mulleres é “moito máis do que ves”.

O contido íntegro do anuncio da campaña pode visualizarse a través da seguinte ligazón:
https://violenciagenero.igualdad.gob.es/

Toda a información a continuación na seguinte ligazón:
https://violenciagenero.igualdad.gob.es/laDelegacionInforma/2021/GDGVGInforma_campana.pdf

 

Spot da campaña #LaViolenciaQueNoVes:

Back to top