Bases concurso de cabazas decoradas ACO Ortigueira
Sendo o Samaín unha festividade de interese cultural e tradicional en Galicia, a ASOCIACIÓN DE COMERCIO E HOSTALARÍA DE ORTIGUEIRA convoca un concurso de decoración de cabazas de Samaín, cas seguintes bases que o rexerán:
BASES DO CONCURSO DE CABAZAS DECORADAS SAMAÍN 2026.
PRIMEIRA.- Poderán participar, a título individual, veciños de todas as idades do Concello de Ortigueira acorde cas seguintes categorías:
- Categoría de 3 a 7 anos: 1 premio gañador.
- Categoría de 8 a 16 anos: 1 premio gañador.
- Categoría maiores de 16 anos e persoas adultas: 1 premio gañador.
- Premio Aspromor.
- Premio Residencia de persoas maiores “Dolores Díaz Dávila”.
Todas as persoas participantes recibirán un agasallo.
SEGUNDA.- O traballo consiste en presentar unha cabaza natural decorada (tallada ou pintada), que poderá estar baleira ou non.
TERCEIRA.- Todas as persoas que desexen participar deberán entregar as cabazas na oficina de turismo de Ortigueira, os días 4, 5 e 6 de novembro entre as 9:30 e as 14:30 h.
As cabazas deberán levar un sobre pechado, que conterá o nome do/da participante e un teléfono de contacto. No exterior do sobre figurará a idade do concursante e o nome da obra.
CUARTA.- O xurado nomeado por ACO deliberará os/as gañadores/as o sábado 7 de novembro no primeiro andar do Mercado Municipal de Ortigueira, onde se expoñerán todas as cabazas participantes.
O xurado valorará a orixinalidade e a creatividade en función das categorías.
A decisión do xurado será inapelable e poderá declarar deserto o premio, no caso de considerar que as cabazas non reúnen as condicións precisas.
QUINTA.- O fallo do xurado e a entrega de premios será no primeiro andar do Mercado Municipal de Ortigueira ás 20 horas do día 7 de novembro. As persoas participantes que resulten gañadoras deberán estar no momento da entrega de premios. De non estar presentes premiarase a seguinte obra valorada polo xurado. Os menores de idade deberán estar acompañados dun titor.
A relación de premiados e premiadas farase pública na páxina oficial do Facebook de ACO, así como as fotografías das obras participantes.
SEXTA.- Os/as participantes deberán recoller a súa cabaza despois da entrega de premios. De non ser así, o persoal autorizado farase cargo da retirada das mesmas.
SÉTIMA.- A participación no concurso implica a aceptación destas bases.