Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A Escola de Música Municipal de Ortigueira arranca os seus obradoiros cun total de 61 prazas cubertas nesta primeira tanda

A totalidade das persoas solicitantes obtiveron praza polo menos nun dos obradoiros.

As actividades darán comezo a partir de mañá, venres 2 de outubro.

Ao longo do curso 2026-2027 iranse engadindo novas propostas formativas.

A Escola de Música Municipal de Ortigueira informa do inicio das súas actividades de obradoiros para o curso 2026-2027 a partir de mañá, venres 2 de outubro.
Nesta primeira convocatoria alcanzouse un total de 61 prazas cubertas, garantindo que o 100 % das persoas inscritas obteñan praza en polo menos un dos obradoiros solicitados. Para asegurar esta cobertura total, no caso das actividades con maior demanda aplicáronse criterios de adxudicación baseados nas preferencias expresadas polas persoas interesadas, no nivel e na orde rigorosa de rexistro.
Esta oferta inicial forma parte dunha primeira tanda de 7 obradoiros, á que se irán sumando novas propostas e modalidades ao longo de todo o curso académico.
As persoas interesadas xa poden consultar a listaxe completa de alumnado admitido tanto no taboleiro de anuncios da propia Escola de Música como de xeito online na páxina web oficial no seguinte enlace:
Back to top