Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A XXX EDICIÓN DAS VODAS DE OURO CELÉBRASE ESTE SÁBADO EN ORTIGUEIRA

O vindeiro sábado, día 14 de decembro, celebrarase a 30ª edición das Vodas de Ouro de parellas de Ortigueira. Nesta ocasión participarán un total de 70, chegadas desde diferentes parroquias, que participarán nunha misa ás 13.00 horas e compartirán un xantar no restaurante Orillamar de Espasante a partir das dúas da tarde.

Esta conmemoración é unha iniciativa do Concello ortegano para homenaxear institucionalmente aos matrimonios que levan 50 anos casados ou máis.

Back to top