Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A OFICINA DE TURISMO DE ORTIGUEIRA AMPLÍA HORARIO DURANTE O MES DE XULLO

A oficina de turismo de Ortigueira ampliará o seu horario durante os meses de verán e comezará a primeira semana de xullo funcionando de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.30 de luns a venres. O sábado e o domingo manterá o horario de tarde e abrirá media hora máis durante a mañá, ata as 14.30.

A semana do Festival Celta, do 8 al 14 de xullo, funcionará o luns martes e mércores de 10.00 a 15.00 e de 16.30 a 20.30. O xoves, venres e sábado terá horario ininterrumpido de dez da mañá a dez da noite, e domingo de once da mañá a nove da tarde.

Unha vez rematado o festival iniciará un horario estival, tamén ininterrumpido de luns a venres, entre as oito da mañá e as nove da tarde. As fins de semana e festivos abrirá de 10.30 a 14.30 e de 16.30 a 20.30.

Back to top