Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A Escola de Música Municipal de Ortigueira abre o prazo de prematrícula para o curso 2026/2027

A Escola de Música Municipal de Ortigueira informa a toda a cidadanía do inicio do proceso de prematrícula para o vindeiro curso académico 2026/2027.

O prazo para presentar as solicitudes abrirase o 1 de xuño e finalizará o 15 de xullo de 2026. Este trámite está dirixido exclusivamente aos seguintes perfís:

  • Novo alumnado que desexe incorporarse á escola e que cumpra os 7 anos en 2026.
  • Alumnado xa matriculado que teña interese en cambiar de instrumento ou engadir unha nova especialidade instrumental.

É importante destacar que non deben realizar esta prematrícula o alumnado que xa cursou estudos durante o presente curso e continúe co mesmo instrumento, nin o alumnado interesado en obradoiros, Música e Movemento, Pandeireta ou Instrumentos Tradicionais, na que a matrícula abrirase no mes de setembro.

As solicitudes deberán presentarse a través do rexistro xeral do Concello de Ortigueira ou mediante o rexistro electrónico dispoñible na sede electrónica municipal (https://sede.concellodeortigueira.gal). A presentación da solicitude non garante automaticamente a obtención da praza.

Pola súa banda, o alumnado que xa conta con praza neste curso ten garantida a súa continuidade para o 2026/2027, sempre que formalicen a súa matrícula definitiva entre o 1 e o 9 de setembro de 2026.

A Escola Municipal de Música contactará coas persoas solicitantes durante a primeira semana de setembro para confirmar a dispoñibilidade de prazas e os pasos necesarios para formalizar a matrícula definitiva. A adxudicación realizarase seguindo os criterios estipulados no Regulamento de Organización e Réxime Interno do centro.

Back to top