Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A Escola de Música e Movemento de Ortigueira triunfa co Burrito Sabanero

O alumnado da Escola de Música do Concello de Ortigueira (EMCO), de idades comprendidas entre 3 e 6 anos, protagonizou un fenómeno viral na canle de EMCO TV de Youtube, coa súa interpretación de “Mi Burrito Sabanero”.

O vídeo, que se pode ver nesta ligazón, conseguiu máis de 15.000 visualizacións, 407.000 impresións e alcanzou á audiencia de máis de 30 países. España, México e Perú foron os lugares onde se concentrou o maior número de espectadores deste vídeo musical.

EMCO agradece o apoio das familias coas seguintes palabras: “Desde a EMCO queremos expresar o noso profundo agradecemento ás familias por todo o seu esforzo e colaboración neste proxecto. Agradecemos tamén o traballo en equipo e a dedicación que fixeron posible que os nosos pequenos talentos alcancen este éxito tan extraordinario”.

Este logro resalta o talento dos pequenos músicos e a importancia da música no desenvolvemento dos infantes. A música serve para fomentar valores importantes durante as épocas tempranas da crianza e é unha fonte de entretemento. É o vídeo máis visto do canal a pesar de que só leva dúas semanas nun canal con case 250 publicacións desde 2017.

Back to top