Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Ortigueira pechará o 2023 sen lista de agarda no SAF para dependentes de grao 3

O Concello de Ortigueira pechará o 2023 sen lista de agarda no Servizo de Axuda non Fogar (SAF) para dependentes de grao 3.

No pasado mes de xuño, nas oficinas do Concello de Ortigueira existían sete solicitudes de núcleos familiares cunha persoa co máximo nivel de dependencia recoñecido. Agora, ao peche do ano, ese número é xa de cero, despois de que os técnicos municipais tramitaran e concederan o servizo á última familia pendente de ser atendida.

Agora, a Concellería de Servizos Sociais xa traballa en atender as solicitudes de prestación para os dependentes de grao 2 e, á vez, seguir ofrecendo servizo ás familias que xa o teñen concedido.

O peche da lista de agarda executouse á vez que un reaxuste do tempo de lecer do personal municipal. Neste sentido, nos últimos meses Inspección de Traballo abriu unha investigación ao detectar irregularidades en canto aos períodos vacacionais dos traballadores de Servizos Sociais, que non gozaran de vacacións durante os dous últimos anos. Ante esta situación, o Concello desenvolveu un cuadrante de descansos para emendar esta irregularidade e ofrecer aos empregados o seu obrigado dereito. Un dereito que xa estiveron gozando para poñerse ao día con respecto aos seus períodos de descanso.

Back to top