Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A ESCOLA DE MÚSICA CELEBRA O SAMAÍN CUN PHOTOCALL E UN CONCERTO

A Escola de Música Concello de Ortigueira organiza unha semana musical “con-certo terror” para festexar o Samaín. Desde mañá martes ata o venres 30 estará instalado no centro un Photocall (con pantalla de croma) para que o alumnado se fotografíe vestido coa súa caracterización terrorífica.

Ademais, o sábado 31 emitirase na canle de youtube de EMCO TV en streaming o Concerto de Samaín, con pantasmas, bruxos e meigas e unha orixinal posta en escea que adiantan neste trailer.

Pola súa banda, o Concello remata hoxe a recepción de cabazas decoradas para o concurso que organizou para a rapazada entre 3 e 12 anos. A gañadora publicarase na páxina de Facebook municipal o vindeiro día 30 e o seu autor ou autora recibirá un lote de libros ou xogos didácticos. A totalidade dos participantes terán un agasallo.

Back to top