Ortigueira programa unhas actividades “de medo” polo Samaín
- Colabora a Asociación de Comerciantes de Ortigueira
- Haberá obradoiros, teatro, un magosto e concurso de cabazas
Ortigueira, 13 de outubro de 2022. O Concello de Ortigueira organiza para este Samaín unha serie de actividades do máis terroríficas, en colaboración coa Asociación de Comerciantes de Ortigueira (ACO).
O venres 28 está prevista unha “CASA DO TERROR” no Centro San Roque, en rúa Príncipe, número 55, desde as 19 horas ata as 22:30 horas.
O sábado 29, ás 16:30 horas no Claustro do Concello, haberá Talleres de maquillaxe terrorífica, de feridas, de pantasma… Ás 18:30 horas no Teatro de Beneficencia o grupo Teatro do Noroeste ofrecerá a función “Animais de compañía”.
Ese mesmo día, no Claustro do Concello, organizado pola Asociación de Comerciantes de Ortigueira, haberá un Concurso de Cabazas. Desde as 18 horas expoñeranse as cabazas decoradas polos concursantes, e ás 20:00 horas farase a entrega de premios.
A partir das 20:30 horas, na Praza de Isabel II levarase a cabo o tradicional Magosto.