Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

OBRADOIROS DE ILUSTRACIÓN PARA NENOS E NENAS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL

O Concello de Ortigueira organiza hoxe e o vindeiro mércores dous obradoiros de ilustración destinados a rapaces e rapazas na biblioteca municipal. Desenvolveranse a partir das 17.30 horas e o de hoxe está orientado a nenos e nenas de tres a cinco anos, mentres que o do día 30 será para idades a partir de seis anos. A actividade celebrada nesta última data coincide, precisamente, co Día da Ilustración, unha iniciativa instituída pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia para conmemorar o nacemento de Castelao.

É necesario realizar unha inscrición previa chamando ao número de teléfono 981 400 101 ou na propia biblioteca.

Back to top