Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O IV TRAIL MONTES DE COUZADOIRO DISPUTARASE O VINDEIRO 10 DE MARZO

O concelleiro de Deportes de Ortigueira, Ángel Lozano; Luis Fustes e José Vicente Aguiar, representantes da Pena Ciclista Santa Marta; e José Manuel Sierra, da Asociación de Veciñas e Veciños de Couzadoiro, presentaron o IV Trail Montes de Couzadoiro que se desenvolverá o vindeiro 10 de marzo, domingo, a partir das 9.30 da mañá en tres distancias: trail, minitrail e andaina.

As probas, de 25, 12 e 10 quilómetros respectivamente, disputaranse nas categorías absoluta e de veteranos e haberá tres premios en cada unha delas para os mellores na modalidade masculina e feminina. O prazo de inscrición está aberto ata o día 7 de marzo.

As persoas interesadas en obter más información poden consultala na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Información sobre IV Trail Montes de Couzadoiro

Back to top