O PLAN DE IGUALDADE DE ORTIGUEIRA ANIMA A PARTICIPAR NOS CURSOS ONLINE DO MINISTERIO

Dentro do IV Plan de Igualdade de Ortigueira, que contempla a promoción da formación nesta materia en todos os colectivos e ámbitos de actuación do municipio, inscríbense unha serie de cursos gratuítos que imparte online o Ministerio de Igualdad. Todos eles tratan sobre a igualdade de oportunidades desde diferentes puntos de vista.

Para o primeiro estará aberto o prazo de inscrición na primeira quincena de decembro e abordará a aplicación práctica da igualdade de oportunidades no ámbito xurídico. Nas seguintes dúas semanas será a quenda da matrícula para o que tratará sobre o ámbito do emprego e xa en xaneiro teranse que inscribir as persoas interesadas na aplicación práctica da igualdade de oportunidades nos servizos sociais (primeira mitade do mes) e na empresa e recursos humanos (segunda mitade). Por último, na segunda quincena de febreiro estará aberta a matrícula para a actividade “Formación en igualdade de oportunidades para axentes sociais”.

Os cursos están organizados pola Escuela Virtual de Igualdad, que depende do Ministerio de Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad. As persoas interesadas poden ter máis información no seguinte enlace

IR Á LIGAZÓN Escola virtual de igualdade

Back to top