Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O ALCALDE FELICITARÁ AS FESTAS DE NADAL Á VECIÑANZA CON VISITAS A TODAS AS PARROQUIAS

O alcalde de Ortigueira, Juan Penabad Muras, felicitará as festas de Nadal aos veciños e veciñas das diferentes parroquias con visitas aos locais sociais entre o luns 3 e o martes 18 de decembro dentro da actividade “Nadal co alcalde”. Así, o día 3 estará no centro social Ponte de Mera (18.15) e no “Libro Vivo” de San Claudio (20.15); o 4 en Loiba (18.00) e O Viso (20.00); o 5 en Abasteira (18.30) e Porto de Espasante (20.00); o 7 en Céltigos (18.00) e Ladrido (20.00); o 10 en Couzadoiro (18.00) e Ladrido (20.00); o 11 en Ínsua (18.00) e As Neves (20.00); o 12 en Mera de Arriba (18.00) e O Ermo (20.00); o 13 en San Adrián (18.00); o 17 en Barbos (18.00) e o 18 en Cuiña (18.00) e Senra (20.00).

Back to top