O CONCELLO DE ORTIGUEIRA INAUGURA MAÑÁ UNHA EXPOSICIÓN DO PINTOR MANUEL COBAS VARELA

O Concello de Ortigueira inaugura mañá unha exposición de pintura de Manuel Cobas Varela, que permanecerá aberta no primeiro andar do edificio municipal ata o vindeiro domingo, 15 de setembro. A inauguración está prevista para as 12.30 horas e o horario de visita é de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 19.30 de luns a venres; o sábado de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 19.30 e o domingo de 10.30 a 14.00.
O artista utiliza habitualmente a técnica da acuarela para reflectir a luz e a cor dos paisaxes de Combarro, Sanxenxo e as Rías Baixas galegas que son a temática principal da súa obra, aínda que tamén adoita utilizar a figura humana espida ou os bodegóns como motivo dos seus cadros.

Back to top