O ALCALDE DE ORTIGUEIRA DESTACA QUE A ÁRBORE DE PATCHWORK DE ESPASANTE REPRESENTA “O SENTIMENTO DO NADAL DE TODA A VIDA”

Da árbore de patchwork de Espasante xa se ten dito nos medios de comunicación que é “a árbore máis bonita do Nadal”. Non é para menos. O traballo feito pola veciñanza desta parroquia dentro da iniciativa do Concello “Queres axudar a vestir o Nadal?” é orixinal, fermoso e non consume electricidade, ademais de constituír todo un símbolo do que este ano quere conseguir Ortigueira: ter o Nadal máis acolledor.

O alcalde, Juan Penabad Muras, non dubida en asegurar que é “precioso e único en España” e engade que representa “o sentimento do Nadal de toda a vida porque sae das portas de cada familia”, a través do traballo conxunto feito nos fogares para confeccionalo. Muras destaca o labor desenvolvido durante meses para “vestir o Nadal” e compara esta árbore coa ornamentación que nestas datas adorna ciudades como Vigo, para afirmar que Ortigueira sitúase “no outro estremo”.

A continuación pode ver a galería de imaxes desta campaña que encheu Ortigueira dos adornos mais orixinais:

Back to top