Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ENVÍA A FOTO DO TEU ADORNO DE NADAL DECORANDO A RÚA

Xa está en marcha a iniciativa de vestir Ortigueira de Nadal. Centenares de adornos orixinais confeccionados por veciños e veciñas enchen xa rúas das parroquias de Ortigueira. Labores de gancho feitas con la adornan o mobiliario urbán e as árbores, dándo un toque de cor ás rúas cara ás festas de Nadal.

Desde o Concello convidan á veciñanza a enviar as fotografías dos seus adornos colocados nas rúas a través do servizo de Whatsapp “Participa Ortigueira”, da páxina de Facebook ou do Twitter con Concello. Todas as fotografías recibidas publicaranse nas páxinas oficiais do Concello e elaborarase un gran cartel que recolla a modo de mosaico todas as imaxes. As fotografías deberán ser exclusivamente dos adornos colocados.

A data límite para enviar as imaxes é o 16 de decembro.

Estas son as canles para enviar as imaxes:

  • “Participa Ortigueira”: se xa está dado de alta, simplemente envíe as imaxes por whatsapp ao servizo. Se non está dado de alta, hai que darse de alta seguindo as instruccións recollidas no seguinte cartel, e unha vez recibida a mensaxe de confirmación, enviar as imaxes dos adornos colocados na rúa.

Back to top