COMEZAN AS REUNIÓNS PREPARATORIAS DO PLENO DE MULLERES DO 8 DE MARZO

O Centro Social de Ortigueira acollerá o vindeiro venres, día 1 de febreiro, a primeira xuntanza de traballo preparatoria do Pleno de Mulleres que terá lugar o día 8 de marzo. Como vimos informando, trátase dunha iniciativa encamiñada a dar voz á poboación feminina, escoitar directamente as súas demandas e debatelas, coincidindo coa celebración do Día Internacional da Muller.

O do venres será o primeiro encontro dunha serie de reunións nas que se establecerán os grupos de traballo de mulleres por idades: as máis novas (estudantes), as de mediana idade (traballadoras, desempregadas ou empresarias) e as maiores (xubiladas ou pensionistas). Tamén comezarán a deseñarse as propostas de debate.

Para máis información as interesadas pódense poñer en contacto co centro social no número de teléfono 981 402 542.

Back to top