Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

DATOS DE CONTACTO DO CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER

Recheo da Alameda, s/n.
981 402 542.
Horario: luns a venres de 8.00 h a 14.00 horas. As oficinas municipais permanecerán pechadas (excepto recadación e rexistro) os días 24 de febreiro, 20 de marzo, 22 de maio, e 7, 24 e 31 de decembro. Así mesmo, os días 17, 28, 30 e 31 de xullo as oficinas municipais terán horario de atención ao público reducido de 9.00 h a 13.00 horas.
Correo de contacto: cim@concellodeortigueira.com

Centro de Información á Muller (CIM) sito no Concello de Ortigueira, ten reconocida a súa acreditación desde o 14 de abril del 2005, é de titularidade municipal e mediante convenio de colaboración presta servizo aos concellos de Ortigueira, Cariño, Cedeira, Cerdido e Mañón.

O persoal do CIM de Ortigueira, unha asesora xurídica e unha psicóloga, realizan actividades de información, de asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación, e mellora de empregabilidade, ás persoas usuarias dos concellos antes mencionados, co compromiso de que os servizos públicos contribúan a satisfacer as necesidades de veciños e veciñas, especialmente aqueles que promoven actuacións tendentes a garantir a igualdade.

As persoas interesadas en acceder aos servizos do Centro de Información á Muller (CIM), deberán solicitar cita previa coa técnica correspondente (psicóloga ou asesora xurídica).
Para facelo, deberán chamar ao 981 402 542/43.

Os servizos específicos que presta o CIM veñen regulados no Decreto 130/2016, do 15 de setembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para o recoñecemento e acreditación dos centros de información á muller de titularidade das entidades locais de Galicia, así como para a modificación e extinción do seu recoñecemento (DOG nº 188 do 3 de outubro de 2016).

Nas seguintes ligazóns pode acceder ás funcións do CIM e ao decreto que o regula:

VER PDF Funcións e servizos que se prestan no CIM de Ortigueira

IR Á LIGAZÓN Decreto 130/2016, do 15 de setembro de 2016

No eido do traballo para a erradicación da violencia de xénero contra a muller, o Concello de Ortigueira recibiu un premio no “Concurso de buenas prácticas locales contra la violencia de género” polo programa desenvolto desde o CIM “protocolo municipal de coordinación interinstitucional contra la violencia de género”. Na seguinte ligazón pode consultar a comunicación recibida:

VER PDF Comunicación do premio “Concurso de buenas prácticas locales contra la violencia de género”

Nas seguintes ligazóns pode acceder ás memorias anuais de actividades organizadas e/ou participadas polo CIM de Ortigueira durante os anos 2017, 2018 e 2019 (estes documentos foron tratados para a eliminación de imaxes e datos persoais).

VER PDF Memoria de actividades CIM 2017

VER PDF Memoria de actividades CIM 2018

VER PDF Memoria de actividades CIM 2019

VER PDF Memoria de actividades CIM 2020

PRÓXIMOS EVENTOS

Back to top