Xa está aquí a Axenda Cultural de setembro!
- As actividades levaranse a cabo ao longo de todo o mes e haberá música, silvicultura e bioconstrucción entre outras moitas actividades!
- Estas comezaron o pasado día 3 e extenderanse ata o 19 deste mesmo mes.
A seguinte terá lugar o vindeiro día 9 ás 20.30 horas na Igrexa Parroquial, alí, Carlos Núñez, interpretará as Cantigas de Santa María. O acceso será de balde con previa entrada, xa que o aforo é limitado.
O venres, 16 de setembro, será o turno das Xornadas Técnicas de Silvicultores. Dito obradoiro realizarase na Alameda mais no Teatro da beneficiencia e está organizado pola Asociación de Silvicultores da Costa da Morte.
Por último, entre o 16 mais o 19 deste mes, terán lugar as VII Xornadas de Bioconstrucción no Medio Urbano, unha vez máis no Teatro da Beneficiencia.
Ademais, tamén haberá exposicións e rutas de sendeirismo. A primeira rematará o día 9 e esta aberta en horario de 10 a 13.30 horas baixo o nome ‘Ortigueira Vila Alfonsí, Alfonso X e Galicia’. Doutra banda o sendeirismo levarase a cabo os días 7, 10, 14 e 17.
Para toda a información consultar o cartel!