Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Rutas en Morouzos e Barbos para descubrir o patrimonio natural de Ortigueira

  • O Concello organiza para este sábado, 22 de enero, unha ruta pola contorna da praia de Morouzos e o 29 de enero un paseo por Barbos.
  • As persoas interesadas en participar nestas actividades deportivas poderán apuntarse na piscina municipal.

Este sábado, 22 de enero, o Concello de Ortigueira retoma as actividades deportivas coas súas tradicionais andainas polo municipio. Uns circuítos para pasear e facer exercicio dunha forma sa, dirixidos a xente de todas as idades.

A prmeira ruta terá lugar o vindeiro sábado e será unha circunvalación á praia de Morouzos. A dificultade do itinerario é baixa e de aproximadamente catro quilómetros. A proposta dará comezo ás 10:00 horas na piscina de Ortigueira.

A seguinte ruta será o camiño de Barbos, de dificultade media e unha lonxitude de, aproximadamente, 6 quilómetros. Esta arrincará tamén desde a piscina ás 10:00 horas o sábado 29 de xaneiro.

Desde o Concello sinálase a necesidade de levar a ambas actividades algo de comida, auga e calzado axeitado. As persoas interesadas en participar poderán facerlo anotándose na piscina municipal. A actividade é de balde.

O concelleiro de Deportes, Ángel Lozano, destaca “o éxito que teñen sempre este tipo de iniciativas, que combinan deporte ao aire libre coa riqueza natural e patrimonial da nosa vila”. O edil sinalou a importancia deste tipo de proxectos á hora de dar a coñecer o territorio entre os veciños e veciñas pero tamén entre aquelas persoas que desexen coñecer Ortigueira.

Back to top