Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

VISITAS GUIADAS E CAMBIO DE HORARIO DA OFICINA DE TURISMO DURANTE A PONTE DA CONSTITUCIÓN

Coincidindo coa ponte da Constitución, o Concello de Ortigueira organiza visitas guiadas gratuítas ao Teatro de Beneficencia, do 6 ao 9 de decembro, en dúas quendas diarias, ás 11.30 e ás 12.30. Ademais, a oficina de turismo estará aberta o xoves 6, o venres 7 e o sábado 8 de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 19.00. O domingo 9 funcionará de 11.00 a 14.00 horas.

O programa de Nadal para esta fin de semana inclúe o venres 7, a partir das 19.30 horas no teatro, un Encontro de Corais organizado pola Coral Polifónica de Ortigueira, e no que colabora o Concello. Ademais da entidade anfitrioa actuará a Coral Polifónica da Área Sanitaria de Ferrol. O sábado 8, tamén no teatro e á mesma hora (as 19.30) haberá unha “Sesión de Risoterapia” a cargo do monologuista David Perdomo. A actividade está organizada pola Comisión de Festas do Porto de Espasante.

E xa o domingo, ás 18.00 horas no teatro, proxectarase o vídeo “Recunchos de Ortigueira” e inaugurarase a exposición do mesmo nome, que recolle diferentes obras de fotógrafos locais con diferentes lugares do municipio ortegano como referencia. Ao rematar a inauguración, na praza de Isabel II prenderase a iluminación de Nadal, un acto no que será protagonista a agrupación Troula do Ortegal, que actuará unha vez acendidas as luces.

Back to top