Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

VÍDEO ÍNTEGRO DO CONCERTO 1992 DA BANDA CULTURAL DE ORTIGUEIRA

Grazas a Indalecio, (a través da convocatoria Música da nosa Vida) recuperamos este arquivo histórico musical do noso municipio. Nel podemos ver como era Ortigueira o 30-5-1992… as súas rúas, xentes e a música que recobraba vida.

As bandas de música apareceron en Ortigueira en torno o ano 1860. Xusto cen anos despois, na década dos anos 60 desapareron progresivamente a Banda Garrote, Lira Ortegana, Banda Ortigueira…

Terían os orteganos que esperar ata o ano 1992 para poder ver de novo unha banda “na vila”. Fundábase a Banda de Música Cultural de Ortigueira (baixo a batuta do mestre Francisco Aliaga, hoxe en día tamén extinguida. Serva este vídeo coma homenaxe e divulgación da memoria musical do noso municipio.

Back to top