UN MUSICAL PARA NENOS E UN PERCORRIDO POLO TANGO, NA PROGRAMACIÓN CULTURAL DE ABRIL
A programación cultural do Concello de Ortigueira correspondente a este mes de abril comezará o vindeiro sábado 10 cun espectáculo musical dirixido aos máis pequenos. “La granja de los niños” representarase no Teatro da Beneficencia ás 5 da tarde e as entradas terán un custo de 6 euros en venda anticipada e 9 o mesmo día. Os puntos onde se poden recoller as entradas pódense consultar chamando ao teléfono 653 682 225.
Tamén o Teatro da Beneficencia será o escenario da seguinte actividade, neste caso un concerto que terá lugar o sábado 17 ás 19.30 horas. O dúo Francapana percorrerá as sonoridades do tango, desde Bach ata Piazzolla. O público poderá gozar das moitas caras do tango a través das composicións de clásicos como Carlos Gardel ou vangardistas como Néstor Marconi. O prezo das entradas é de 3,50 euros.
Tanto este concerto como o musical infantil están suxeitos aos aforos máximos permitidos polas circunstancias sanitarias.
O programa cultural complétase cunha exposición que poderá ser visitada do 5 ao 20 de abril no primeiro andar do Concello e que recolle os traballos seleccionados en el XIV Premio Internacional Jesús Núñez de Arte Gráfica, convocado pola Deputación Provincial. O ganador da última edición foi o tailandés Terrawoot Com-on co seu traballo “Happy wedding day in heaven”.