Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE ORTIGUEIRA LEMBRA QUE, GRAZAS Á DELEGACIÓN DA RECADACIÓN DE TRIBUTOS MUNICIPAIS NA DEPUTACIÓN, A VECIÑANZA PODE ELIXIR NON PAGAR DUNHA VEZ E FACELO AO LONGO DE SETE MESES

O alcalde de Ortigueira, Juan Penabad Muras, ditou un bando para informar das vantaxes que representa para a veciñanza a delegación da recadación de tributos municipais na Deputación Provincial, en concreto o seu plan de pagamento personalizado que permite ir abonando as cantidades mes a mes, sen ter que facerlles fronte de golpe.

O calendario fiscal correspondente a este ano comezou o 1 de abril, co inicio do cobro en período voluntario do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM) e a taxa de recollida de lixo correspondente ao primeiro semestre do ano. A do segundo semestre comezará o seu período voluntario o 1 de agosto, a mesma data prevista para o Imposto de Bens Inmobles (IBI), o de Actividades Económicas (IAE) e a taxa de vaos.

As persoas que non paguen antes de que rematen estes prazos voluntarios -o 15 de xullo para os que comezaron o 1 de abril e o 15 de novembro para os que o fan o 1 de agosto- terán que facerlle fronte as correspondentes recargas e xuros de mora.

Para facilitar aos veciños e veciñas unha flexibilidade no pago, a Deputación ten un plan que facilita o desembolso dos custos, xa que en lugar de pagalos dunha soa vez permite ir facéndoo mes a mes. Desde o Concello lémbrase á poboación que teñen que presentar as súas solicitudes de incorporación a este plan para que estean aprobadas antes de do 30 de abril. Os modelos pódense descargar na páxina web da Deputación (www.dacoruna.gal).

Aínda que este plan personalizado está en vigor para ir pagando cada ano entre xaneiro e outubro (10 meses), debido ás circunstancias excepcionais que estamos vivindo como consecuencia da pandemia, neste 2021 é posible acollerse a el realizando agora a solicitude e pagando os días 5 de cada mes entre maio e novembro (7 meses en total). Deste xeito, os contribuíntes non terán que facer fronte dunha vez á contribución ou o rodaxe, senòn que as cantidades se reparten entre eses sete meses, coas correspondentes vantaxes para as economías familiares.

O alcalde, Juan Penabad Muras, insistiu na importancia de ter decidido delegar a recadación de tributos no organismo provincial, unha proposta que levou ao pleno en entre catro ocasións entre 2017 e 2019 e que só conseguiu os votos necesarios nun quinto intento en setembro de 2019, cando finalmente a corporación tomou o acordo. Ademais de paliar a insuficiencia de medios do Concello para ocuparse directamente da recadacion, aquela decisión permite agora aplicar esta flexibilización nos pagos que a administración local non podería acometer.

Back to top