O Concello pon a disposición das asociacións, comisións de festas, administracións, entidades, empresas e veciños e veciñas interesados a carpa municipal para o seu alugueiro.
PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE:
- PAGO DA AUTOLIQUIDACIÓN DA TAXA: o prezo público que corresponderá abonar polo uso da carpa de titularidade municipal, que incluirá o transporte, montaxe e desmontaxe, fixase en mil euros e ingresarase por autoliquidación en calquera das contas das que dispón o Concello en entidades bancarias ou caixas de aforros ou depositalo na Caixa da Corporación.
- REXISTRO DA SOLICITUDE: deberá presentarse no Rexistro de Entrada cunha antelación mínima de vinte días hábiles ao inicio do uso da carpa, aportando a seguinte documentación:
- Solicitude na que se faran constar os datos do solicitante, lugar onde se quere ubicar a carpa e datas.
- Autoliquidación e xustificante do ingreso do importe da prezo público.
- Datos de identificación da persoa responsable da vixilancia e seguridade da carpa durante o periodo de utilización.
- Breve descripción do uso da carpa e, no seu caso, o equipamento co que se dotará.
- Copia de póliza de seguro de responsabilidade civil.
- Autorización ou permiso do titular dos terreos para realizar a instalación da carpa, e copia das licenzas ou autorizacións muncipais e doutras Administracións públicas se fosen necesarias.
- ESTUDO E RESOLUCIÓN DA SOLICITUDE: a solicitude de autorización do uso e instalación da carpa será analizada e resolta pola Xunta de Goberno Local, previos informes do equipo técnico responsable do transporte, montaxe e desmontaxe da carpa. Agás en casos excepcionais, a autorización non superará o periodo de catro días naturais (incluido o montaxe e desmontaxe).
- NOTIFICACIÓN DA RESOLUCIÓN: logo de ser resolta a solicitude, esta será notificada aos interesados de forma regulamentaria.
- INSTALACIÓN E ACTA DE RECEPCIÓN: o transporte, montaxe e desmontaxe da carpa será realizado por persoal designado polo Concello, e unha vez instalada a carpa o encargado do persoal do Concello que realizaou o montaxe e o representante da entidade solicitante asinaran un acta de recepción onde quede reflectido o estado de entrega.
- ENTREGA E DEVOLUCIÓN: unha vez rematado o evento, antes de proceder a desmontar a carpa, o encargado do persoal do Concello e o solicitante asinarán un acta de entrega onde se recolla o estado da carpa nese momento e os desperfectos, se os houbera.
A cesión da carpa municipal está regulada pola correspondente ordenanza fiscal dispoñible para a súa consulta e descarga na seguinte ligazón:
VER PDF Ordenanza fiscal prezo público polo uso da carpa municipal