Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

TARDE DE XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS EN ORTIGUEIRA

A Alameda de Ortigueira acollerá hoxe xoves, a partir das seis da tarde, unha xornada de xogos populares e tradicionais que correrá a cargo da ludoteca itinerante “Eira Xandobeleira”. Trátase dunha colección de xogos para todas as idades que están elaborados artesanalmente e inspirados en xogos tradicionais de diferentes épocas e lugares.

O obxectivo desta iniciativa é promocionar o xogo como unha actividade esencial no desenvolvemento das persoas e unha ferramenta para promover a comunicación e afondar nas relacións entre individuos.

Na ludoteca hai xogos de precisión, lanzamento, habilidade, enseño, cooperación, etc. todos eles artesanais, sen pilas nin plásticos.

Back to top