SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES EN ORTIGUEIRA
O Concello de Ortigueira suspende todas as actividades sociocomunitarias municipais que se levan a cabo nos centros sociais do Concello, entre elas as de Informática e Memoria. Tamén deixa de funcionar o programa de conciliación Conciliortigueira, que se ven desenvolvendo no CEIP José María Laxe.
Estas medidas adóptanse pola situación sanitaria ata novo aviso.