Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

SEGUNDA EDICIÓN EN ORTIGUEIRA DO PROGRAMA CUIDADANAS, PARA CUIDADORAS DE PERSOAS DEPENDENTES

O Concello de Ortigueira, a Fundación Mujeres e a Deputación da Coruña organizan a segunda edición do programa Cuidadanas, un servizo de atención a coidadoras de persoas dependentes que se desenvolverá do 16 de outubro ao 4 de decembro. O obxectivo é mellorar a saúde e calidade de vida das coidadoras informais a través de ferramentas e apoios diversos que poidan minimizar as súas problemáticas.

Ao longo do programa haberá catro obradoiros sobre diferentes temas que serán os mércores de 16.30 a 18.30 no edificio de Servizos Sociais no Recheo da Alameda. O 16, 23 e 30 de outubro terá lugar o dedicado a xestión emocional, baixo o título “Emocionarte, a arte d as emocións”. Os días 6 e 13 de novembro será a quenda dun obradoiro de identidade e proxecto vital: “Rumbo á miña vida”. O seguinte será o de comunicación, que leva por título “Mellorando as miñas habilidades sociais” e que será os días 20 e 27 de novembro e, por último, tratarase a historia do feminismo co obradoiro “As mulleres da nosa vida”, o día 4 de decembro.

Para se inscribir ou ter máis información hai que se dirixir ao teléfono 981 402 542.

Back to top