Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Programa de Orientación Laboral para Mulleres Vulnerables

A Concellería de Igualdade de Ortigueira pon en marcha o Programa de Orientación Laboral para Mulleres Vulnerables co que se pretende ofrecer recursos ás participantes de cara a súa inserción laboral.

O programa, que conta coa cofinanciación da Secretaría Xeral de Igualdade, terá lugar do 29 de agosto ao 2 de setembro de 09:30h a 12:30h no Centro Social de Ortigueira.

As prazas están limitadas a 15 persoas e todos os datos do Programa constan no cartel adxunto.

Para inscribirse é preciso chamar ao CIM de Ortigueira no número de teléfono 981 40 25 42.

Back to top