Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

PRESENTACIÓN DO PROXECTO “CON VOZ DE MULLER”

O traballo realizado no marco do proxecto “Con voz de muller”, que leva a cabo o CIM de Ortigueira nas parroquias do municipio, terá de novo protagonismo con motivo da celebración do Día da Muller.

Hoxe 8 de marzo, coincidindo coa conmemoración internacional desta data, levarase a cabo a presentación das publicacións realizadas grazas á participación das veciñas de Mera e Espasante, que dentro deste proxecto contaron en primeira persoa a súa vida, a historia das súas parroquias e que papel xogaron nela as mulleres.

Estes libros, impresos pola Deputación Provincial, presentaranse ás 11.00 horas no local social de Santiago de Mera e ás 17.00 no do porto de Espasante. As entradas xa están agotadas.

As publicacións estarán tamén a disposición do público en xeral na biblioteca municipal e no Concello e os contidos xerais do proxecto “Con voz de muller” colgaranse na web do Concello o mesmo día, xunto co manifesto da Fegamp con motivo do 8 de marzo.

Nas seguintes ligazóns pode accederse ás publicacións e o video presentación Online Mera y Espasante:

IR Á LIGAZÓN Video presentación proxecto Mera y Espasante

IR Á LIGAZÓN Con voz de Muller – Mera

IR Á LIGAZÓN Con voz de Muller – Espasante

IR Á LIGAZÓN Manifiesto da Fegamp

 

Por outra banda o Concello de Ortigueira iluminouse esta noite de morado con motivo do Día Internacional da Muller.

Back to top