Pases de circulación para o Festival Internacional do Mundo Celta 2024
O Concello de Ortigueira restrinxirá o tráfico de vehículos co gallo da celebración do Festival Internacional do Mundo Celta. Trátase dunha medida para garantir a seguridade e fluidez do tráfico, a orde pública e a seguridade cidadá.
Así, entre os días 10 e 15 de xullo quedará restrinxido o tráfico de vehículos dende a Avenida da Escola de Gaitas en dirección ás rúas Avenida de As Pontes, Eugenio López, Xosé Buide, Avenida Juan Luís Pía, Luama, Laxás, Vicoña.
Deste xeito, non se permitirá o aparcamento na vía publica nas zonas restrinxidas o trafico. Os residentes sen praza de garaxe deberán deixar os vehículos na zona da Preguiza, e nos aparcadoiros públicos. Por parte la Policía Local vixiaranse estas medidas e procederase a sancionar o incumprimento.
Así, para a circulación de vehículos a motor por estas rúas é necesario dispor dun pase que será facilitado polo Concello. Aos residentes e vivendas familiares entregaránselle pases permanentes que poden ser recollidos desde o mércores 15 de maio na Oficina de Turismo de Lagarea.
Pode consultar na sede electrónica (prema aquí) o listado de pases xa impresos para verificar que figura na lista e retirar o pase. Non caso de non figurar nesta relación, pode solicitar o pase a partir do martes 28 de maio nas oficinas municipais.
Anunciamos que deberán solicitar este paso todas as persoas que cambiaran de domicilio, de vehículo ou aluguen unha vivenda dentro da zona restrinxida ao tráfico.
Para ler o bando completo, prema aquí.