Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

OS REIS MAGOS CHEGAN AO PAVILLÓN DE ORTIGUEIRA MAÑÁ ÁS 18.00 HORAS

Os Reis Magos non perderán a visita a Ortigueira na tarde de mañá, aínda que nesta ocasión non percorrerán as rúas da vila polas circunstancias sanitarias. Melchor, Gaspar e Baltasar estarán ás 18.00 horas no pavillón municipal para recibir aos nenos e nenas e escoitar as súas peticións, todo coas medidas de seguridade necesarias.

Back to top