Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ORTIGUEIRA SE PREPARA PARA A FEIRA DO MEL E DA MAZÁ DO ORTEGAL

O sábado 9 de novembro celebrarase en Ortigueira a XXXI edición da Feira do Mel do Ortegal e a V da Feira da Mazá. A inauguración será ás 9 da mañá, hora na que abrirá a feira e se porán á venda mel, froitos, artesanía e produtos do Ortegal e a Mariña.

Ás 12 será o primeiro sorteo de cestas de produtos típicos, aínda que haberá máis ao longo da xornada, concretamente ás 14.00, ás 15.30, 17.00 e 18.30 na carpa da feira.

O programa continuará ás 13.00 horas coa entrega de diplomas ao CEIP Manuel Fraga Iribarne de Cariño e ao CEIP José María Lage de Ortigueira.

Xa pola tarde, a partir das 16.00 horas, impartirase un obradoiro de extracción de mel. As degustacións de produtos elaborados con mel e mazá do Ortegal terán lugar no mercado a partir das 17.15 horas, e ás 19.00 haberá unha gran queimada a cargo do Meigo da Noite Meiga do Barqueiro.

A xornada contará tamén con animación infantil e musical, esta última coa participación da charanga New Belters, e cun obradoiro de elaboración de candeas.

Back to top