Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Ortigueira organiza a formación presencial ‘Solicitude de citas previas en Internet’

O Concello de Ortigueira organiza unha nova sesión de formación presencial para a veciñanza. Nesta ocasión, o obradoiro ‘Solicitude de citas previas en Internet’, ten como obxectivo formar aos usuarios e usuarias na solicitude, modificación e anulación deste tipo de trámites en servizos en liña como o Sergas, a ITV ou a Seguridade Social.

A xornada terá lugar o martes 21 de xuño, en horario de 10:30 a 12:00 horas. Podedes realizar as vosas inscricións na aula CeMit de Ortigueira no 981 40 25 33. Lembrade que as prazas son limitadas.

Back to top