Ortigueira impulsa unha recollida de xoguetes para que ningún neno quede sen agasallos de Nadal
- O material poderá entregarse no departamento de Servizos Sociais ata o 22 de decembro
- A concelleira de Igualdade, María Lamelas, resaltou o “valor humano” da iniciativa
- Esta medida súmase ao programa ‘ Agasallos de Nadal’, ao que o Concello dedicou 2.700 euros
O Concello organiza unha recollida de xoguetes novos ou en bo estado para que ningún neno ou nena do municipio quede sen agasallos de Nadal. O material poderá entregarse no departamento de Servizos Sociais do Consistorio, en Recheo da Alameda s/n, ata o 22 de decembro.
Os xoguetes poderán depositarse de luns a venres en horario de 11:00 a 14:00 horas. Aquelas familias que os necesiten poderán recollelos no mesmo horario e instalacións.
A concelleira de Igualdade, María Lamelas, sinalou que esta iniciativa súmase “ao programa ‘Agasallos de Nadal’, que contou cun orzamento de 2.700 euros e que repartiu vales de 100 euros por rapaz e rapaza que poden ser canxeados nos establecementos locais adheridos á campaña”.
Lamelas destacou o “valor humano” da iniciativa, “que estou segura de que terá un enorme éxito, xa que a solidariedade é un dous maiores activos da nosa poboación”. A edil argumentou que “estas actuacións buscan favorecer a igualdade de toda a rapazada, para que ninguén pase un Nadal sen a visita de Papá Noel e vos Reis Meigos”.