Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ORTIGUEIRA CELEBRARÁ O PRIMEIRO FIN DE SEMANA DE NOVEMBRO A I CONCENTRACIÓN DE CAMIÓNS

A alameda de Ortigueira acollerá os vindeiros días 2, 3 e 4 de novembro a I Concentración de Camións, para a que están abertas as inscricións a través do número de teléfono 660 085 670.

A recepción dos vehículos participantes no punto de celebración terá lugar o venres 2 e ao día seguinte durante toda a xornada. Ás 12.30 horas do sábado 3 sairán en comitiva en dirección a Espasante e ás 14.00, xa de regreso na Alameda, terá lugar unha sesión vermú amenizada polo grupo Pasión seguida dunha comida de confraternidade a prezos populares. Para albergar estas actividades instalarse unha carpa. Pola noite, a partir das 22.00 horas, haberá unha verbena na que volverá a actuar o grupo Pasión e tamén a Orquestra Principal. O programa rematará o domingo 4 a mediodía cunha nova sesión vermú, neste caso a cargo do grupo CQC.

Durante as tres xornadas haberá xogos e inchables para os cativos.

Back to top