Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ORTIGUEIRA CELEBRA O DÍA DA BIBLIOTECA CON ACTIVIDADES PARA NENOS E UN AGASALLO

Con motivo da celebración do Día da Biblioteca, a biblioteca municipal Fernández Latorre organiza dúas actividades dirixidas a nenos e nenas e agasalla, o día da efeméride -24 de outubro- cunha bolsa reutilizable a todas as persoas que utilicen os servizos da biblioteca (ata esgotar existencias).

As iniciativas infantís terán lugar mañá mércores e o día 23. A de mañá consistirá nun obradoiro para rapaces e rapazas de 4 e 5 anos e a do día 23 está pensada para nenos e nenas a partir de 6 anos, que se convertirán en bibliotecarios/as por un día.

É necesario realizar unha inscrición previa chamando ao número de teléfono 981 400 101 ou na propia biblioteca.

Back to top