Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE ORTIGUEIRA ABRE O PRAZO PARA SOLICITAR A INSCRICIÓN NO PROGRAMA “AGASALLOS DE NADAL”

Os Servizos Sociais do Concello de Ortigueira abren hoxe o prazo para solicitar a participación no programa “Agasallos de Nadal”, no que se poderán inscribir as persoas interesadas ata o vindeiro 15 de novembro inclusive.

Trátase dunha iniciativa orientada a familias con poucos recursos económicos que teñan ao seu cargo menores de 14 anos e estean empadroadas no Concello, e ten por obxecto que ningún neno ou nena se quede sen regalos nas datas de Nadal. As beneficiarias recibirán vales de compra para mercar nos establecementos do municipio xoguetes, libros, material deportivo ou relacionado coas novas tecnoloxías.

As solicitudes deberán entregarse no rexistro xeral do Concello e para máis información hai que se dirixir aos Servizos Sociais, no Centro Social 1º andar, ou chamar ao teléfono 981 402 542.

Na seguinte ligazón poden consultarse e descargarse as bases deste programa de “Agasallos de Nadal”:

IR Á LIGAZÓN Bases programa “Agasallos de Nadal” 2019

Back to top