O VINDEIRO SÁBADO HABERÁ UNHA ANDAINA SOLIDARIA CONTRA O CANCRO
A delegación ortegana da Asociación Española de Lucha contra el Cáncer organiza para o vindeiro sábado 17 unha Andaina solidaria co lema “Ortigueira en marcha contra o cancro”, que sairá ás 11.00 horas desde a Alameda e conta coa colaboración do Concello. As inscricións, que terán un prezo de 5 euros para adultos e de 3 para os menores de 14 anos, poderanse realizar de xeito presencial no local da entidade (antigo Hospital de San Roque) ou na oficina municipal de turismo, e online no enderezo evedeportnorte.com/aeccenmarcha.
Tamén será posible apuntarse na propia Alameda a partir das 9.30 horas do mesmo día da proba, momento en que comezarán tamén as actividades complementarias e a venta de merchandising.