Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O SERVIZO MÓBIL DE RENOVACIÓN OU EXPEDICIÓN DE DNI ESTARÁ O 19 DE OUTUBRO EN ORTIGUEIRA

O vindeiro día 19 de outubro reactívase o servizo móbil para renovar ou obter o DNI e para o que haberá que solicitar cita previa chamando ao teléfono do Concello: 981 400 000. Atenderase a un máximo de 45 persoas en horario de 9 a 12 horas polo que é importante reservar a cita canto antes. O servizo prestarase no salón de plenos municipal e a recollida do documento poderase facer o 21 de outubro.

O Concello lembra que é importante respectar as medidas de seguridade: uso de máscara, mantemento da distancia e respecto á hora fixada para evitar aglomeracións. Só poderá acceder a persoa que realiza o trámite, agás no caso de menores ou persoas dependentes.

A tasa é de 12 euros, importe que deberá pagarse en metálico e coa cantidade exacta.

Back to top