Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O MERCADO DE ORTIGUEIRA RECUPERA A VENDA DE TODO TIPO DE PRODUTOS DESDE MAÑÁ, COAS MEDIDAS DE SEGURIDADE DERIVADAS DA SITUACIÓN SANITARIA

O Concello de Ortigueira recuperará mañá o seu mercado na Alameda con todos os postos dispoñibles e con normas de funcionamento adaptadas á “nova normalidade”. A cita semanal que se desenvolve cada xoves xa se viña celebrando, pero unicamente con produtos de alimentación e plantas. Agora recupera o resto da actividade con artículos de textil, artesanía, etc. ata sumar arredor de 50 postos nos que terán que respectarse todas as medidas de seguridade como consecuencia da Covid-19. Así, haberá que manter as distancias regulamentarias, realizar desinfeccións frecuentes nos establecementos e utilizar máscara, entre outras normas.

Back to top