O concurso de disfraces do Entroido repartirá o vindeiro luns 3.575 euros en premios de cinco categorías
O Entroido xa chegou a Ortigueira. A festa comeza na localidade a partires do venres e o sábado co Entroido de Espasante, mentres que o domingo terá lugar a festa infantil. Xa o luns 12 de febreiro, a Carpa da Alameda acollerá o Concurso de Disfraces a partires das 20:30 horas. Será un evento que, se o tempo o permite, parte desde a Biblioteca Municipal ata a instalación ubicada a carón do Malecón, onde a partires das 00:30 horas se repartirán 3.575 euros en premios divididos en cinco categorías que recoñecerán aos mellores disfraces.
Máis aló do prazo que estivo aberto durante toda esta semana, as persoas ou colectivos poden apuntarse a última hora o propio luns propio día 12 de febreiro na Biblioteca Municipal “Fernández Latorre” de 19:30 a 20.00 horas. En concreto, haberá cinco divisións de participantes que teñen asignados cadanseus premios segundo se recolle nas bases.
Establécense as seguintes categorías e premios:
-Individual:
1º Premio: 200 euros.
2º Premio: 100 euros.
3º Premio: 50 euros.
-Parella ou trío:
1º Premio: 250 euros.
2º Premio: 100 euros.
3º Premio: 75 euros.
-Grupos de 4 a 10 integrantes:
1º Premio: 500 euros.
2º Premio: 200 euros.
3º Premio: 100 euros.
-Grupos de 11 integrantes ou máis:
1º Premio: 800 euros.
2º Premio: 400 euros.
3º Premio: 200 euros.
-Asociacións ou Centros educativos do Municipio:
1º Premio: 600 euros
O Xurado estará formado polo Alcalde ou Concelleiro en quen delegue, persoal dos distintos departamentos do Concello e representantes de distintas Asociacións do Concello ou ou persoas con coñecementos artísticos nomeados polo Alcalde do Concello de Ortigueira. O vestiario e estética dos participantes, a creatividade na realización dos disfraces así como o traballo e orixinalidade e a posta en escea e animación serán varios dos criterios que o xurado valorará.
O xurado estará valorando no Cantón (Rúa Luciano Pita), na zona de presentación dos disfraces. O tempo de duración da coreografía que se exhiba, deberá estar comprendido aproximadamente entre 2 e 4 minutos ca finalidade de non ralentizar a mostra, podendo a organización deter a exhibición e dar paso á seguinte se esta se prolongase máis do debido.
O Concello de Ortigueira invita a toda a veciñanza do municipio e da contorna a acudir ao evento para desfrutar dunha tarde-noite de festa e humor.
Consulta aquí as bases do concurso ao completo:
Pica aquí para coñecer toda a programación ao completo de Entroido en Ortigueira.