O CONCELLO REABRE A OFICINA DE TURISMO DA LAGAREA
En vésperas de comezo do verán, o Concello de Ortigueira vén de reabrir a oficina de turismo da Lagarea, con todas as medidas de seguridade necesarias. As instalacións dotáronse dun mostrador con mampara na porta de entrada, desde onde se atenderá aos turistas e persoas que demanden información.
Polo momento, o horario de atención ao público é de luns a xoves, de 10.00 a 14.00 horas; os venres e sábados de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.00 e os domingos de 10.30 a 14.30 horas.
O servizo será ampliado cando se incorpore unha nova persoa contratada coas axudas da Deputación da Coruña.