Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO ESTABLECE UN HORARIO PARA DAR AVISO DOS NIÑOS DE AVESPAS VELUTINAS

O Concello de Ortigueira continúa a traballar intensamente no control das avespas velutinas. Para organizar o labor de retirada dos niños, desde a administración local pídese aos veciños e veciñas que detecten a presenza dalgún deles que dean aviso en horario de 9.00 a 14.00 horas (días laborables) a través do número de teléfono 603 473 044. É importante respectar o horario para non interromper coas chamadas no momento no que se está traballando na retirada doutros niños.

Back to top